O Sergas organiza cinco novas actividades de saúde comunitaria en Ourense ao longo da semana

OurenseXa
Os cinco obradoiros corresponden ás chamadas 'Escolas de Saúde' destinadas a toda a poboación
sergas_coñece_o_teu_centro_de_saude
Programa 'Coñece o teu centro de saúde'
8 Xul 2024

O Servicio Galego de Saúde (Sergas) organiza entre este luns, 8 de xullo, e o venres, 12 de xuño, cinco novas actividades de saúde comunitaria .

Os cinco obradoiros corresponden ás chamadas 'Escolas de Saúde', destinadas a toda a poboación, e neste caso están organizadas polos servizos de atención primaria de Celanova, A Cuña, A Carbaballeira e O Carballiño.

A primeira das actividades arranca este luns ás 12.00 horas na Casa do Concello do Irixo co obradoiro 'Seguridade alimentaria e cuidados fronte ao calor'. O martes, 9 de xuño, será o turno do obradoiro 'Instruccións previas', que terá lugar ás 20.00 horas na Asociación de Vecños de Seixalbo. Pola súa banda, o mércores ás 11.30 horas no centro pabellón de deportes da Valenzá terán lugar os obradoiros 'Nutrición: que pasa co bró...coli?' e 'Primeiros auxilios para primaria: pupas, sustos e outros desgostos'. Por último, o xoves 11 de xuño, ás 12.00 horas, será o turno da actividade 'Prevención Vascular: a importância da alimentación', no Concello de Verea.

0.2036280632019