O Sergas organiza unha charla sobre saúde bucodental de pacientes oncolóxicos
OurenseXa
A charla terá lugar este mércores 20 de marzo ás 17.00 horas no centro de saúde de Valle Inclán
O CS Valle Inclán acolle unha charla sobre saúde bucodental para pacientes oncolóxicos
20 Mar 2024
O Salón de Actos do Centro de Saúde Valle Inclán acollerá na tarde de hoxe, mércores 20 de marzo, unha charla de saúde bucodental destinada aos pacientes oncolóxicos.
A charla comezará ás 17.00 horas e será impartida pola hixienista bucodental, María Asunción Pérez López.