O Sindicato Labrego Galego convoca unha concenración en Ourense para esixir solucións ante a problemática da EHE
Este mércores 14 de agosto, ás 12.00 horas, o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) convoca unha concentración diante da sede da Consellaría do Medio Rural en Ourense (R/Florentino Cuevillas, Nº4) para demandar á Xunta de Galicia que, ademais de cubrir a morte dos animais, lexisle con carácter inmediato para cubrir o 100% dos citados gastos veterinarios derivados desta enfermidade, así como o lucro cesante provocado tanto pola perda produtiva dos animais que falecen como polos que finalmente sobreviven.
Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) estiman que nas granxas galegas o conxunto das perdas debidas á Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) poden chegar a superar a día de hoxe os 20 millóns de euros. Aparte da perda económica derivada da morte dos animais, a adquisición dos tratamentos preventivos, antiinflamatorios ou antibióticos que se ven obrigadas a empregar as granxasconleva un importante gasto que pode chegar aos 400€ por animal afectado. Este incremento dos custos de produción veñen ademais empeorar a vulnerabilidade económica das gandarías, afectadas nestes momentos pola baixada de prezos tanto no sector cárnico como noleiteiro, sinalan.