O Teatro Principal de Ourense remata este domingo a programación cultural de febreiro coa ópera Rigoletto

OurenseXa
En total, durante o mes de febreiro, o Teatro Principal acolleu un total de seis espectáculos de teatro, música e danza
teatro_principal_recurso
Teatro Principal de Ourense
22 Feb 2025

O Teatro Principal de Ourense remata este domingo a programación cultural do mes de febreiro coa ópera Rigoletto, de Giuseppe Verdi, dirixida por Marco Moncloa e interpretada polo Coro e Orquestra da Compañía de Ópera "LGAM" Leonor Gago Artist Management e solistas internacionais convidados.

Trátase dun drama de paixón, engano, amor filial e vinganza que ten como protagonista a Rigoletto, o bufón amolado da corte do ducado de Mantua.

Próximas funcións

No mes de marzo, as propostas serán “Una madre de película”, con Toni Acosta, o 8 de marzo; “La Regenta”, o clásico de Leopoldo Alas Clarín que porá en escea a compañía Secuencia3 o 15 de marzo; Trash!, de Yllana Teatro o 16 de marzo; o día 21 será o concerto de Nando Agüeros coa súa xira “Canciones desnudas”. A danza contemporánea será protagonista o 22 de marzo da man de “Distirak”, espectáculo que presentará un tríptico vangardista de danza que fusiona frescura, cores vibrantes e un vínculo universal coa audiencia. O día 27 será o turno de “Reconversión”, espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo. A comedia “Las locuras por el veraneo”, de Carlo Goldoni, pecharán o mes o vindeiro 29 de marzo.

Abril comezará o día 3 coa proposta teatral “El castillo de lindacridis” de Calderón de la Barca coa compañía Nao Damores. Talía Teatro porá en escea “Un deus salvaxe” o 5 de abril. O 10 de abril será o turno de “Casting Lear”, escrita e codirixida por Andrea Jiménez. A peza clásica “Bodas de Sangre”, de Federico García Lorca, e interpretada por Teatro del Temple, pechará o mes o vindeiro 26 de abril.

“LATAS”, de Compañía D`Click, abrirá o calendario de maio o día 9. Continuará o XVIII Festival Pórtico do Paraíso con “Música e Memes”, os días 12 e 13 de maio. O 16 de marzo será o turno de “Manuela is in da house”, dirixida por Fran Núñez e interpretada por Teatro do Noroeste - Centro Dramático de Viana. Pechará as propostas do mes de maio “Malditos tacones”, de Ignacio Amestoy, con Luia Martín e Olivia Molina. Será o día 30.

Xuño comezará co concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia o día 5. Els Joglars porán en escea “El rey que fue” o 12 de xuño, pechando a programación semestral “O grande incendio”, que suporá a estrea nacional desta coproducción de Escola da Noite e Sarabela Teatro. Estará os días 18, 19 e 20 de xuño.

0.081659078598022