O Tren Nadal Express percorrerá o centro de Ourense ata o 4 de xaneiro

OurenseXa
O servizo é gratuíto e ofrecerá un itinerario circular que pasará polo Paseo, o Parque de San Lázaro, Santo Domingo e a rúa da Paz, con saída e regreso na Praza Maior
Alumeado de Nadal, Ourense, 2023
22 Dec 2025

O Concello de Ourense puxo en marcha o Tren Nadal Express, un servizo gratuíto que realizará percorridos por algunhas das rúas máis emblemáticas do centro da cidade durante as próximas festas de Nadal.

O tren terá a súa base na Praza Maior e ofrecerá un itinerario circular que percorrerá o Paseo, o Parque de San Lázaro, Santo Domingo e a rúa da Paz, regresando de novo ao punto de saída.

O servizo estará operativo todas as tardes de 17:00 a 20:30 horas, de forma ininterrompida ata o 4 de xaneiro, co obxectivo de que veciños, veciñas e visitantes disfruten do ambiente festivo e da iluminación de Nadal no centro urbano.

⚙ Configurar cookies
0.084927797317505