O voto CERA en Ourense decidirá hoxe os resultados definitivos das eleccións

Os resultados do voto exterior, tamén coñecido como voto CERA (Censo Electoral dos Residentes Ausentes) coñeceranse durante o día de hoxe, luns 26 de febreiro, e poderían alterar o reparto de escanos no Parlamento de Galicia tras as eleccións do 18-F.
Os 112 votos de Ourense poderían facer que o PP de Alfonso Rueda perda un deputado no Parlamento, quedando en 39 escanos, en favor do PSdeG-PSOE de José Ramón Gómez Besteiro, que podería ganar un segundo deputado en Ourense, pasando de 9 a 10 escanos no Parlamento.
De esta forma, o PPdeG mantería a maioría absoluta no Parlamento Galego, pero o PSdeG recuperaría un dos seus cinco escanos perdidos respecto as eleccións de 2020.