O XIX Festival Internacional Rebulir regresa a Ramirás

OurenseXa
Terá lugar do 19 ao 22 de decembro e contará tamén con actividades nos concellos de Ourense e Celanova
Imaxe do festival Rebulir
Imaxe do festival Rebulir
9 Dec 2024

O Festival Internacional Rebulir regresa un máis para festexar a súa décimo novena edición, que terá lugar entre o 19 e o 22 de decembro en diferentes espazos dos concellos de Celanova, Ourense e Ramirás, que acollerá un ano máis gala central do evento.

O Festival arrancará o xoves 19 de decembro ás 11.30 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ese mesmo día, abrirá ao público a mostra ‘Artenon’, no Centro Comunitario de Vilavidal, que poderase visitar ata o 18 de xaneiro. Ademais, ás 17.00 horas, na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense terá lugar o Panel ‘Muller, retorno e emigración’, e ás 18.30 horas será a quenda do Obradoiro ‘Andar cos Tempos: o baile tradicional’.

O venres, 20 de decembro, o CEIP Rogelio García Yañez acollerá a función ‘A Pita Xefa’, e ás 16.30 horas haberá un obradoiro na Residencia de Maiores o Mosteiro, titulado ‘Aprendemos o Mundo’. Ás 20.00 horas, as rúas de Celanova e Ramirás acollerán una ‘Foliada Itinerante’ a cargo de Celavella, Silveiras do Támega e Rebulir.

O sábado, 21 de decembro, será o turno da gran Gala Central, no Polideportivo do Picouto (Ramirás), que contará coas actuación de Rebulir, Asociación Escola Jogo Pau de Moita, Leyendas de México e Mariachis V., Escontra´l Raigañu, Acad. Timorenses y Danses i Cançons Castalla. Na gala entregaranse os Premios Rebulir da Cultura Galega 2024, que este ano serán para Treixadura, Isabel Risco, a Asociación de Gaiteros Galegos e á emigración galega en Cataluña. Ademais, a partir das 00.30 horas haberá unha Jam Sesion Intercultural.

O festival rematará o domingo, 22 de decembro, coas actuacións Escontra´l Raigañu, a Asociación Escola Jogo Pau de Moita e o acto de clausura.

⚙ Configurar cookies
0.26059103012085