Olalla Meiriño López toma posesión como nova concelleira do PSOE de Ourense

OurenseXa
Como nova edil, o seu obxectivo será aplicar a súa traxectoria profesional ao labor municipal, centrando a súa actividade na política local e na atención ás necesidades da cidadanía
olalla-meiriño
7 Nov 2025

Olalla Meiriño López toma posesión como nova concelleira do PSOE de Ourense

Como nova edil, o seu obxectivo será aplicar a súa traxectoria profesional ao labor municipal, centrando a súa actividade na política local e na atención ás necesidades da cidadanía

Olalla Meiriño López tomou posión durante Pleno do Concello de Ourense celebrado este venres como concelleira do grupo municipal socialista.

Meriño incorpórase ás filas do PSdG tras a dimisión de José Ángel Vázquez Barquero e a renuncia de Manuel Freire Cid, seguinte na lista electoral.

Meiriño López é licenciada en Traballo Social pola Universidade de Vigo desde 2003 e conta con experiencia profesional desde 2004, comezando na administración local, onde adquiriu coñecementos clave sobre a dinámica comunitaria. Posteriormente, traballou no sector privado, especializándose en áreas sociais e sanitarias.

Como nova edil, o seu obxectivo será aplicar a súa traxectoria profesional ao labor municipal, centrando a súa actividade na política local e na atención ás necesidades da cidadanía, dentro do grupo socialista do consistorio ourensán.

⚙ Configurar cookies
0.076007127761841