Os artistas ourensáns abren as portas dos seus obradoiros na primeira edición de 'Estudios Abertos'

OurenseXa
Dos 14 espazos participantes 9 están no Concello de Ourense, mentres que fóra da cidade pódense visitar os talleres de Baldomero Moreiras en Paderne de Allariz, Xosé e Rosendo Cid en Taboadela, Sula Repani en Vilamarín, Manolo Figueiras en Coles e o de Isabell Seidel en Amoeiro
Presentación de Estudios Abiertos Ourense
Imaxe da presentación de Estudos Abertos Ourense
25 Out 2024

Estudios Abertos abrirá por primeira vez as portas aos estudios de artista de Ourense e das súas proximidades os próximos días 25, 26 e 27 de outubro. Esta iniciativa é un proxecto da Asociación Cultural A Maquinadora, impulsada por exalumos e exalumnas de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP A Farixa Ourense, e conta coa colaboración de Cultura de Galicia , CIFP A Farixa , o Concello de Coles, Taboadela e Concello de Vilamarín, así como o patrocinio privado de Fina Rei artesáns reposteiros.

Nesta primeira edición, Estudios Abiertos contará con 14 espazos e máis de 25 artistas, entre os que se atopan algunhas figuras tan destacadas como o celanovés Baldomero Moreiras.

O proxecto consiste en abrir simultaneamente, do 25 ao 27 de outubro, 14 talleres de artistas de Ourense e da súa contorna. "As persoas visitantes poderán achegarse e organizar as súas visitas ao seu antollo durante o horario, dun xeito libre e gratuíto, permitindo un encontro de primeira man cos artistas e coas artistas", explican desde a organización.

Dos 14 espazos participantes 9 están no Concello de Ourense, repartidos entre os barrios da Ponte-Vinteun, o Couto, Lagoas e o Centro histórico. Fóra de Ourense están os talleres de Baldomero Moreiras en Paderne de Allariz, Xosé e Rosendo Cid en Taboadela, Sula Repani e Vilamarín, Manolo Figueiras en Coles e o de Isabell Seidel en Amoeiro

0.19752788543701