Os magostos de Loureiro e Trasalba celebraranse o 16 de novembro
OurenseXa
Os participantes poderángozar das tradicionais castañas asadas e música
10 Nov 2024
Os tradicionais magostos de Loureiro e Trasalba, no concello de Amoeiro, celebraranse o vindeiro sábado, 16 novembro.
Pola súa banda, a comisión de festas de Loureiro organiza unha festa de magosto que arrancará ás 23.00 horas con pinchos gratuítos, castañas asadas e a actuación musical do dúo ‘Pégate’.
O magosto de Trasalba, organizado pola comisión de festas, arrancará ás 20.00 horas e terá un custo de 15 euros por persoa, que incluirán a comida, con orella e morro cocido, chourizos, costela de porco, bica e castañas. As entradas poderán recollerse ata o mércores, 13 de novembro, no bar de Trasalba ou no local da Comisión de Festas de Trasalba 2025. A xornada estará animada pola charanga CLK.