Os membros de Down Ourense proclámanse campións na Liga Española de Debate Universitario

OurenseXa
Baixo o lema 'Eu teño opinión', o certame vai dirixido a persoas mozas con discapacidade intelectual co obxectivo de visibilizar o seu talento
Membros de Down Ourense participan na Liga Española de Debate Universitario
18 Jun 2024

Madrid vén de acoller a Liga Española de Debate Universitario (LEDU) 'Eu teño opinión' entre mozos e mozas con discapacidade intelectual, na que oito membros da asociación Down Ourense participaron, logrando alzarse co esperado galardón.

Ademáis desde premio obtido polo equipo ourensán, un dos seus membros, Francisco Díaz, acadou tamén o premio ao mellor orador. Desde Down Ourense aseguran sentirse "moi orgullosos do seu traballo e esforzo".

Esta edición é a segunda na que participan mozos e mozas de Down Ourense que, tras iniciarse no mundo do debate o ano pasado, non dubidan en volver demostrar as súas dotes oratorios nesta iniciativa nacional.

“Eu teño opinión” vai dirixido a persoas mozas con discapacidade intelectual e o seu obxectivo é visibilizar o seu talento para que poidan incluílo nos seus currículos para mellorar a súa inclusión no mercado laboral ordinario.

A Liga Española de Debate Universitario é unha competición creada no 2000, que cada ano aglutina aos mellores oradores e oradoras do noso país. 2022 foi o primeiro ano en que persoas con discapacidade intelectual participaron neste evento, abrindo así unha porta máis á participación e a inclusión do colectivo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1942138671875