Os populares ourensáns destacan a importancia do Plan Rexurbe para a cidade

OurenseXa
“Despois de levar no mes de marzo ao pleno ordinario unha moción para que o goberno local solicitase a declaración a Área Rexurbe de maneira urxente, atopámonos un mes despois co anuncio da solicitude”, destaca a portavoz popular, Sonia Ogando
Concello_Ourense_recurso
Concello de Ourense, Praza Maior
9 Abr 2024

O Grupo Municipal Popular consegue que o concello solicite a declaración do Centro Histórico como Área Rexurbe, “despois de levar no mes de marzo ao pleno ordinario unha moción para que o goberno local solicitase a declaración a Área Rexurbe de maneira urxente, ante o deterioro do centro histórico polo desinterese e desprezo do goberno local”, tal e como explica a portavoz dos populares Sonia Ogando, quen engade que “só un mes despois atopámonos co anuncio da solicitude e a inversión para a cidade estará entre os 10 e 12 millóns de euros”.

Ademais, a edil lembra que “foi o Partido Popular o que iniciou, en maio de 2022, os trámites oportunos e xestionou toda a documentación necesaria, para levar a cabo dita solicitude”. “Uns documentos que levaban máis dun ano gardados nun caixón”, denuncia.

Neste senso, Sonia Ogando indica que “o casco histórico é unha zona que precisa unha intervención urxente despois de que o alcalde non levase a cabo as medidas necesarias para frear o seu declive actual”.

Por último, a concelleira destaca que “este só é un paso dos moitos que aínda faltan por dar na área de urbanismo”. “Seguimos a espera do Pxom e do Pepou, dous instrumentos fundamentais e necesarios para a economía e o desenvolvemento da nosa cidade”, conclúe a popular.

0.17824792861938