Os populares ourensáns prometen a rehabilitación integral do CEIP O Couto

OurenseXa
A cabeza de lista dos populares en Ourense, Elena Rivo, asegurou que "temos previsto para este ano levar a cabo a rehabilitación integral do CEIP O Couto, dentro dun investimento global de preto de 29 M€ destinados aos centros de ensino de Ourense desde o ano 2009”
PP_Ourense_Mitin_O_Couto
8 Feb 2024

A cabeza de lista dos populares, Elena Rivo, explicou en O Couto que “como conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, estou convencida de que a formación laboral e as políticas de emprego son fundamentais para o desenvolvemento dun barrio como O Couto, porque o emprego é a mellor política social e abre as portas do benestar”.

“Sabemos que o mellor que podemos ofrecer ás vosas familias son postos de traballo de calidade que vos permitan levar a cabo os vosos proxectos de vida e ofrecer un futuro digno e esperanzador aos vosos fillos. Ese é o noso obxectivo no Goberno galego, porque a Administración que ten capacidade e vontade para atender as necesidades dos ourensáns é a Xunta de Galicia”,  recalcou Elena Rivo.

Por iso, aseguró que “atendemos as vosas necesidades no que respecta á saúde e ao benestar, e tamén na formación dos vosos fillos. Por iso temos previsto para este ano levar a cabo a rehabilitación integral do CEIP O Couto, dentro dun investimento global de preto de 29 M€ destinados aos centros de ensino de Ourense desde o ano 2009”.

No acto, que abriu o presidente do distrito de O Couto, Aurelio Gómez Villar, tamén participou o candidato Miguel Santalices, quen defendeu “o fondo compromiso do Goberno da Xunta de Alfonso Rueda coa Sanidade Pública” e pediu o voto para os populares, “porque somos a garantía de que Galicia funcione”.

Pola súa banda, o presidente provincial, Luis Menor, puxo énfase nos “valores como o sentidiño á hora de Gobernar para todos, sen distincións de ningún tipo. Ou valores como a experiencia, porque en todos estes anos fixemos avanzar Galicia, e avanzar xuntos, desde a unidade, a confianza, a estabilidade e a dignidade. Estes son os valores que nos representan fronte ao que ocorre en Madrid”.

Menor fixo referencia a que “non hai alternativa algunha a Alfonso Rueda, como puidemos comprobar todos no debate, pois o único obxectivo do multipartito da oposición é evitar que goberne o PP”. Abundou o líder dos populares en que “a diferencia entre eles e nós é moi clara: falar sen saber nada de xestión, e xestionar a base de moita experiencia”.

No tocante ao barrio de O Couto, Luis Menor puxo varios exemplos da boa xestión da Xunta nos últimos anos: “Aí está a reforma e mellora do estadio do Couto, con case 2 millóns de euros e o seu céspede natural, con case 800.000 €. Tamén temos o investimento no pavillón dos Remedios: case outros 2 millóns de euros, ou a obra na contorna da ponte romana, con 1,1 millóns”.

En materia sanitaria, Menor lembrou a construción do Centro de Saúde do Couto, “fronte ás mentiras de BNG e PSOE falando de peches e privatizacións, o PP constrúe novos centros de saúde, pois os barrios de Mariñamansa, San Francisco, Barrocás, Seixalbo e Santa Mariña terán novo centro de saúde xunto á residencia, nuns terreos cedidos pola Deputación”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17859315872192