Os Premios do XXVIII Certame Literario de Piñor deixan tres gañadores ourensáns

OurenseXa
Hugo Martínez Bizarro (Ourense), Lois González Fernández (Barbadás) e Álex González González (San Cibrao das Viñas) fixéronse con tres dos galardóns entregados esta fin de semana no XXVIII Certame Literario de Piñor
Entrega dos Premios do XXVIII Certame Literario de Piñor
10 Xuño 2024

Esta fin de semana tivo lugar no concello de Barbadás o acto de entrega dos Premios do XXVIII Certame Literario de Piñor, dentro da Xornada de Exaltación das Letras e a Música de Galicia, que se celebrou na Casa da Cultura Manuel María.

Este evento cultural está organizado pola Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Barbadás.O Grupo infantil de música tradicional "Cantagalos", as cantareiras "Zoadeira", o grupo de cantos de taberna "Cuncas do Son" e a "Banda de Música e Cultura de Galicia" actuaron nesta xornada.

Representantes do concello de Barbadás e da Asociación Música e Cultura de Galicia entregaron os galardóns do XXVII Certame Literario de Piñor que contou cunha ampla participación (120 traballos) de escritores de toda Galicia.

Entre os gañadores deste certame atópanse dous orensáns: Hugo Martínez Bizarro, nacido en Ourense, que obtivo o primeiro premio na categoría B ((de 13 a 17 anos), Lois González Fernández, de Barbadás, gañador do primeiro premio na categoría C (San Cibrao das Viñas), e Álex González González, de San Cibrao das Viñas, co terceiro premio nesta última categoría.

Na categoría A (maiores de idade), os gañadores foron Xosé Alfredo Naz Fernández, de Vigo, que obtivo o primeiro premio, seguido de Sandra Fernández Prado, de Poio (Pontevedra), co segundo premio. Pola súa banda, Iker Pérez Álvarez, da Pobra de Trives, foi o gañador do segundo premio na categoría B.

0.20865988731384