Os socialistas critican ao alcalde por gastar 1.500 nun cartel que “non está á altura do que significa o Entroido para Ourense”

OurenseXa
Denuncian “a pouca implicación do executivo no encargo do cartel”, mentres que o alcalde asegura non ter “acceso á profundidade da mente do creativo”
entroido-ourense-cartel-2025
Cartel do Entroido de Ourense 2025
11 Feb 2025

Os socialistas critican ao goberno municipal de Ourense logo de coñecer o custo do cartel do Entroido de 2025. Os as e os socialistas rexistraron as preguntas pertinentes para que se informe sobre quen é o autor, cal é a inspiración do deseño e se tivo algún custe para as arcas municipais. A resposta por parte de Alcaldía indica que se encargou á empresa Shinobi por un custe de 1.500 euros, máis IVE, e que descoñecen a inspiración que motivou o mesmo.

A través das súas redes, Gonzalo Pérez Jácome respondeu aos socialistas asegurando que “non tempos acceso á profundidade da mente do creativo nin disponemos de resonancias magnéticas que nos dean pistas”.

Desde o PSdeG de Ourense critican a pouca implicación do executivo de Gonzalo Pérez Jácome no encargo do cartel e que se paguen 1.500 euros sen directrices a seguir nin preguntar a inspiración do mesmo.

“Consideramos que o cartel non está á altura do que significa o Entroido para Ourense e que dende que DO organiza a programación para unha das datas máis significativas do almanaque estas foron perdendo o seu sinal de identidade, paulatinamente, para converterse nunha aposta que se limita ás orquestras”, remata contundente.

 

0.17937898635864