Os socialistas esixen a Jácome que se sente a falar cos traballadores do lixo

A precariedade contractual da concesión da recollida do lixo e limpeza urbana faise cada día máis patente segundo o grupo municipal socialista do Concello de Ourense. "Agora se cobra uns novos e novas damnificadas: os traballadores e traballadoras do servizo que xa convocaron unha folga xeral para o fin de semana que vén, coincidindo co Entroido", explica a edil do PSdeG María Fernández.
E lembra que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, non propuxo solucións nin escoitou aos e ás empregadas durante os últimos 2 anos que ven, tamén, como caeron os pregos para a nova contratación sen visos de que se vaian a elaborar conforme ás súas necesidades.
"Non reclaman simplemente melloras salariais, senón a aplicación da legalidade vixente, melloras conforma ao IPC real e que os pregos contemplen que a suba non se retrotraia ao ano 2023 e que sexa efectiva dende a actualidade", sinala a socialista sobre algúns dos dereitos que piden, así como o dunha mellor conciliación.
Neste senso, as e os edís do PSdeG esixen ao rexedor que se sente a falar cos e cas traballadoras e se poña a traballar para sacar adiante todas as concesións que actualmente se atopan en precario e supoñen un prexuízo para os servizos básicos.