O PSdeG lembra a Jácome que a información do MITMA sobre as axudas á rehabilitarión do patrimonio é pública

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Ourense lembra ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, que a informaión sobre as axudas á recuperación e posta en valor de monumentos do patrimonio histórico, como é o caso da antiga prisión de Ourense, é pública e pode consultarse a través da web oficial do Ministerio.
O alcalde de Ourense, a través dun comunicado oficial do Concello, acusaba fai uns días ao PSdeG de Ourense de ter o que el considera “información privilexiada” por parte do executivo estatal dado que, di, o seu goberno non recibiu ninguna comunicación do MITMA en relación á solicitude dunha axuda para rehabilitar a antiga prisión da rúa Progreso.
Porén, os socialistas acusan ao alcalde de promover bulos a través das súas redes sociais e dos medios oficiais do propio Concello, e lémbranlle que “as veces o problema non é a información, senón saber buscala”.