Os socialistas ourensáns acusan ao alcalde de ser “incapaz de xestionar o Concello de Ourense”

OurenseXa
Lembran que á caída do contrato de recollida de lixo e limpieza viaria súmase ao “malogrado contrato do transporte urbano”
grupo-municipal-socialista-ourense
Grupo Municipal Socialista no Concello de Ourense
17 Feb 2025

Os socialistas do Concello de Ourense denuncian “as graves irregularidades nos procedementos administrativos do goberno de Democracia Orensana veñene de cobrarse unha nova vítima: a concesión do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria”. Esta prestación, actualmente en precario e deficitaria con respecto aos estándares mínimos de eficiencia, xa non cubre sequera todos os barrios da cidade coa periodicidade debida, conta con colectores rotos e en situacións insalubres nalgúns casos e foi tumbado polo Tribunal de Contratación Administrativa de Galicia porque os pregos incumpren a legalidade.

“Unha concesión administrativa é un dos expedientes máis complexos que pode tramitar un concello e máis se se trata de servizos esenciais que supoñen unha elevada contía económica como é o caso do lixo, o transporte urbano ou a auga. Estos procedementos esixen un traballo previo e vontade política coa que é preciso actuar de xeito terriblemente escrupuloso polas análises ás que están sometidos por parte de organismos externos”, explica a socialista.

Tamén destacan dende o grupo do PSdeG que o Concello non está a pagar os servizos públicos, porque ao permanecer en precario son reparados por intervención, e supón que as empresas reclamarán, ou teñen reclamados xa, os prezos de mercado, non os de contrato pola súa precariedade, así como os intereses. “Non estamos a falar dunha obra que se complica ou se queda sen crédito orzamentario cara final de ano. Estamos a afirmar que non pagamos por ter alumeado público, servizo de recollida de lixo, abastecemento e saneamento de auga ou transporte urbano. A débeda coas concesionarias ascende hoxe en día a máis de 60 millóns de euros e o alcalde de Ourense non parece ter a iniciativa suficiente para solucionar esta situación. É máis, a súa ausencia de capacidade de xestión dificúltaa, se cabe, máis” afirma contundente a edil.

Nesta liña, as e os edís do grupo municipal do PSdeG inciden en que se as licitacións non están adaptadas a todos os procedementos legais non poderán saír adiante. E subliñan que o goberno de Democracia Orensana nunca tivo intención de “coñecer como funciona unha Administración pública” porque “o que realmente queren é que funcione como unha administración privada”.

“Dende o noso punto de vista súmanse dúas cuestións para que o executivo actual sexa incapaz de licitar unha concesión pública e de elaborar un orzamento, básico para poder xestionar unha administración local: dunha banda, o seu profundo desprezo pola administración pública; e, doutra, a súa ausencia de vontade política. Todas as decisións que toma o alcalde son en clave electoral”, insiste a socialista.

Así as cousas, recordan que en 5 anos de mandato Gonzalo Pérez Jácome foi incapaz de adoptar unha soa decisón política porque “teñen un custe e iso non entra nos seus plans”. “As súas decisións son exclusivamente electoralistas e iso leva a unha parálise e a unha hipoteca económica a longo prazo, que xa supón unha lousa a data de hoxe”, argumenta contundente.

Esta nova anulación súmase, por outra banda, a anterior do Tribunal de Contratación Administrativa de Galicia que deixou sen efecto os pregos do transporte público e o Concello non terá novas liñas ata, polo menos, mediados do ano 2026. “Os veciños e as veciñas de Ourense non disporán, xa non dun servizo de transporte urbano actualizado, senón da posilibilidade de empregar o transporte público nunhas condicións mínimas nas que poidan saber a que hora pasa un autobús” subliñan as socialistas.

 

 

0.17860102653503