Os traballadores do Concello de Ourense irán á folga o 31 de outubro

OurenseXa
Os traballadores municipais mobilizaranse en protesta pola política de persoal por parte do executivo local
Concello de Ourense
3 Out 2024

Os traballadores do Concello de Ourense irán á folga o 31 de outubro, tal e como o acordaron nunha asemblea celebrada este mércores, “ante o desprezo do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, polo plan de estabilización e o seu proceder continuo respecto á política de persoal dos últimos 5 anos”, en protesta pola política de persoal por parte do executivo local.

Pola súa banda, os tres grupos da oposición (PP, PSOE e BNG) amósanse partidarios de apoiar a folga e manifestaron xa a pasada semana a súa solidariedade coa situación que están a vivir os traballadores e traballadoras municipais do Concello de Ourense dende fai varios anos, incidindo os tres na “mala xestión por parte do alcalde”.

A data podería ser modificada nos vindeiros días.  Ademais, os traballadores e traballadoras convocan mobilizacións fronte ao Concello e a Subdelegación do Goberno, os xoves e os mércores, respectivamente, e con carácter indefinido.

0.15415620803833