Os traballadores do Concello de Ourense irán á folga os días 31 de outubro e 4 de novembro

OurenseXa
A decisión foi tomada por unanimidade ante "os desprezos do alcalde pola súa política de persoal"
Mobilizacións dos traballadores municipais fronte ao Concello de Ourense
Mobilizacións dos traballadores municipais fronte ao Concello de Ourense
17 Oct 2024

Os traballadores do Concello de Ourense irán á folga os días 31 de outubro e 4 de novembro, unha decisión que foi tomada por unanimidade pola Asemblea de Traballadores do Concello de Ourense e que estará apoiada polos tres grupos da oposición, PP, PSOE e BNG.

Ademais, os paros parciais e as mobilizacións fronte á Subdelegación do Goberno e fronte á Casa do Concello continuarán ao longo de todo o mes de novembro, os xoves e os mércores, respectivamente.

Os motivos que levan aos traballadores e traballadoras do Concello a tomar esta decisión son, fundamentalmente, os “desprezos do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, polo plan de estabilización e o seu proceder continuo respecto á política de persoal dos últimos 5 anos”.

Os traballadores do Concello veñen tempo denunciando tratos discriminatorios e denuncias de acoso por parte do alcalde, como foi o caso do interventor, a quen o Xulgado do Social número 1 de Ourense deu a razón, obrigando ao concello a indemnizalo e a reincorporalo ao seu posto, ou o sonado caso da tesoureira municipal, a quen Jácome cesaba do seu cargo por ser “demasiado tiquismiquis”.

Sen embargo, os traballadores denuncian que estes non serían casos illados, senón que o propio rexedor, a través das súas redes sociais e durante as sesións plenarias, acusou en reiteradas ocasión aos funcionarios municipais de non estar cualificados para facer o seu traballo e de ser uns “enchufados”.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16434597969055