Os xardíns do Miño acollerán este xoves a proxección da película '20.000 especies de abellas'

OurenseXa
O lugar estará aberto ao público ata completar aforo e o filme comezará ás 22.00 horas
Cartel '20.000 especied de abellas'
Cartel '20.000 especies de abellas'
18 Jul 2024

Este xoves 18 de xullo, ás 22.00 horas, nos xardíns emprazados ao carón do río Miño preto da rúa Ribeira de Canedo, proxectarase ao aire libre a película '20.000 especies de abellas', aclamada e premiada en diferentes festivais como o de Berlín, o de Málaga ou os Galardóns de Cine Europeo.

A cita está organizada pola Comisión Executiva Municipal (CEM) do PSdeG de Ourense "Ante a ausencia de iniciativas e de programación polo Día do Orgullo por parte do goberno do Concello de Ourense"

O filme estará aberto ao público ata completar aforo e comezará ás 22.00 horas. Mais antes tamén se poderán desfrutar duns petiscos e refrescos previos ao inicio da sesión. A longametraxe seleccionada para a ocasión abrangue as dificultades e confusións ás que se enfrontan os e as menores que non se recoñecen no xénero no que por inercia os e as sitúa a sociedade en base a estereotipos fortemente definidos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20255208015442