Ourense abre a porta a unha moción de censura: BNG e PP din si

OurenseXa
"Nós queremos quitar a Jácome da alcaldía do Concello de Ourense, e iso só se fai a través dunha moción de censura", afirman desde o BNG
psoe-pp-bng-mocion-censura-ourense
Socialistas, populares e nacionalistas ourensáns nun encontro para debatir sobre unha posible moción de censura no Concello de Ourense
14 Jun 2024

A noticia dunha posible moción de censura ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, chegaba fai unhas poucas semanas da man do grupo municipal socialista.

A voceira do PSdeG-PSOE, Natalia González, xunto cando se cumpría un ano do goberno de Pérez Jácome tras as municipais de 2023, denunciaba a precaria situación do Concello de Ourense. "Foi un ano no que o Ourense ideal de Gonzalo Pérez Jácome converteuse nunha auténtica pesadilla para esta cidade. Un ano no que se desmantelou, por riba de todo, os servizos sociais e a igualdade", afírmaba González, que pedía un cambio urxente no Concello, chamando ao BNG e ao PP a dar un paso á fronte para poñer fin a esta situación.

Este foi, precisamente, o primeiro paso dos socialistas, que abrían así a porta a unha moción de censura no Concello. Agora as cousas parecen avanzar favorablemente para o PSdeG de Ourense, logo dunha reunión mantida este xoves cos outros grupos da oposición na que o BNG, que non confirmou a súa asistencia ata esa mesma mañá, amosouse disposto a sacar adiante a moción, ao igual que o fixo o PP.

BNG e PP din sí a unha moción

"Nós queremos quitar a Jácome da alcaldía do Concello de Ourense, e iso só se fai a través dunha moción de censura", sinalaban desde o BNG. Eso sí, os nacioalistas teñen claro que só apoiarán a medida en caso de que o candidato ou candidata á alcaldía sexa do PSOE.

Ademáis, os nacionalistas deixan a pelota no tellado do PP, que tería que romper o pacto con DO. A voceira popular, Sonia Ogando, xa vén días advertindo que o PP non ten "liñas vermelas" cando se trata de dialogar polo ben da cidade. Así as cousas, todavía haberá que esperar a ver se os tres grupos da oposición logran chegar a un acordo formal que, en último caso, poñería punto e final ao goberno de Gonzalo Pérez Jácome como alcalde de Ourense.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17393612861633