Ourense acolle a reunión técnica da Rede de Cidades AVE

OurenseXa
O obxectivo da entidade é promocionar as cidades que a integran baixo unha estratexia común
rede_cidades_ave_ourense
Reunión técnica da Rede de Cidades AVE
22 Feb 2024

A Sala Valente acolleu esta mañá a reunión técnica da Rede de Cidades AVE, asociación de destinos turísticos de España conectados pola Alta Velocidade. O Concello forma parte desta entidade, que ten como obxectivo promocionar as cidades que a integran baixo unha estratexia común.

A concelleira de Turismo, Noa Rouco, asistiu a esta sesión de traballo, que reuniu persoal técnico das áreas de turismo, desenvolvemento económico ou marketing de cidades como Barcelona, Murcia, León, Villena, Sevilla, Zaragoza, Córdoba, Segovia, Granada, Madrid, Lleida e Ciudad Real. No encontro, analizáronse aspectos como as estratexias e modelos de promoción turística, a creación de grupos de traballos e propostas formativas, entre outros.

O Concello de Ourense ten interese en fomentar o desenvolvemento turístico da cidade aproveitando esta infraestrutura de comunicación ferroviaria e aprender da experiencia doutras localidades coas que comparte a condición de cidade AVE.

0.1277379989624