Ourense acolleu a clausura do Congreso Rexional de Viúvas de Galicia

Luis Menor destacou a importancia da Asociación de Viúvas María Andrea polo seu labor inmenso na loita contra a soidade e a integración das mulleres que xa non teñen ás súas parellas
47ª Congreso Rexional de Viúvas de Galicia
47ª Congreso Rexional de Viúvas de Galicia
12 Maio 2024

O presidente provincial, Luis Menor, participou onte, sábado 11 de maio, no congreso rexional da Asociación de Viúvas María Andrea, que tivo lugar en Santa Cruz de Arrabaldo e no que este colectivo nomeou fillo predilecto ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, “desde logo, un recoñecemento ben merecido, pois sempre foi un gran valedor de todas vós e nunca deixa de tervos presentes”.

Menor agradeceu o seu labor a este colectivo: “sodes una parte fundamental da nosa sociedade”, sobre todo polo seu labor inmenso na loita contra a soidade e a integración das mulleres que xa non teñen ás súas parellas.

“Todas vós sodes o maior exemplo da sororidade e da marabillosa rede de apoio que levades desenvolvendo desde hai xa 40 anos, pois foi no 1984 cando a Asociación María Andrea comezou a súa andaina, continuando co seu obxectivo fundacional: loitar contra todas as discriminacións da muller viuva na nosa sociedade, procurando o seu pleno desenvolvemento”, sinalou Menor, quen garantiu a continuidade e o reforzo da cooperación da Deputación coa Asociación María Andrea, “pois non deixaremos de articular políticas, servizos e axudas para que as mulleres podades desenvolvervos en plenitude e liberdade”.

0.098685026168823