Ourense converterase no epicentro galego da arte e a diversidade coa celebración da Feira de Arte Cuir

OurenseXa
O evento está organizado pola pola Rede OuCuir e terá lugar os días 27 e 28 de decembro
orgullo-rosa-ilustraciones-canva
Imaxe de Rosa Ilustraciones
26 Dec 2024

Os próximos días 27 e 28 de decembro, Ourense converterase no epicentro galego da arte e diversidade coa celebración da Feira de Arte Cuir no café Charlotte, situado na rúa Bedoya, 18. Este evento, organizado pola Rede OuCuir, ofrecerá un espazo único para que artistas de temática cuir poidan expoñer as súas obras, promovendo a liberdade creativa e a visibilidade da comunidade LGTBIQ+.

O horario será de 10:00 a 12:30 e de 18:00 a 22:00 horas os dous días. O evento contará cun ambiente dinámico que reforzará o carácter inclusivo. Ademais, sortearase unha cesta sorpresa que incluirá obras dos artistas participantes. Tamén haberá produtos exclusivos.

Charlotte cede o seu local de forma gratuíta para esta iniciativa, permitindo a exposición. O espazo estará organizado con mesas en disposición aberta e zonas para a creación dun ambiente acolledor e atractivo. Para participar no sorteo, as persoas deberán compartir un post de Instagram nas súas historias e etiquetar a tres persoas.

A Feira de Arte Cuir preséntase como unha oportunidade para conectar coa diversidade cultural e artística, celebrando a inclusión e a creatividade

0.13088583946228