Ourense convértese nun referente autonómico en saúde comunitaria
11.656 ourensáns e ourensás de todas as idades participaron, no primeiro semestre de 2024, nalgunha das cerca de 632 intervencións de saúde comunitaria organizadas polo persoal de atención primaria, para mellorar e manter a saúde, fomentar a prevención ou coidado da enfermidade nos barrios, concellos, colexios ou colectivos de pacientes de cada centro de saúde.
Este altísimo volume de intervencións levadas a cabo por máis de cen profesionais (enfermeiras, médicos, especialistas en enfermaría familiar e comunitaria, enfermeiras especialistas en pediatría e saúde mental, matronas, fisioterapeutas, hixienistas dentais, traballadoras sociais, nutricionistas, residentes, PSX, farmacéuticos, odontólogos, técnicos de raios...coa colaboración de alumnos de enfermería e outros profesionais como técnicos de emerxencias sanitarias) converten aos profesionais de Ourense en referentes nesta liña de traballo.
Estas iniciativas non deixan de crecer refrendadas polos resultados en saúde, e pola propia satisfacción de participar de pacientes e profesionais, que procuran o tempo para saír do centro de saúde e traballar coa comunidade. Esta actividade comunitaria non se detén durante o verano e así esta semana están programadas cinco novas actividades impartidas por toda a provincia con diferente temática desde a nutrición e a seguridade alimentaria, consellos fronte a calor ou primeiros auxilios.
Así este luns luns celebrouse, na Casa do Concello de O Irixo, un obradoiro de seguridade alimentaria e coidados fronte a calor impartido pola enfermeira e anutricionista do Centro de Saúde de O Carballiño dirixido aos veciños da comarca. Os vindeiros días desta semana terán lugar outros catro obradoiros en A Valenzá, Seixalvo e Verea con temáticas variadas desde a importancia da alimentación para a prevención vascular, o documento de instruccións previas ou primeiros auxilios.
Ademais durante os meses de verán o persoal sanitario de atención primaria ten programados varios obradoiros destinados á poboación en xeral sobre como protexerse fronte ao sol, como actuar fronte aos afogamentos, como evitar as intoxicacións alimentarias ou como actuar nos atragoamentos ou nas situacións de risco máis frecuentes no verán.