Ourense e Pontevedra estreitan lazos para acadar unha maior captación conxunta de fondos da Unión Europea

OurenseXa
Ambas Deputacións acordaron presentar á 6ª convocatoria do Programa de Cooperación Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027
Javier Touris e José Maria Lago
Javier Touris e José Maria Lago
10 Feb 2025

O deputado ourensán de Medio Ambiente e Enerxía, José María Lago, e o deputado provincial pontevedrés de Fondos Europeos, Javier Tourís, mantiveron unha reunión para explorar novas vías de colaboración e impulsar novos proxectos para presentar ás diferentes convocatorias de fondos europeos.

Durante o encontro ambos deputados acordaron presentar á 6ª convocatoria do Programa de Cooperación Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021 - 2027 un proxecto relacionado coa eficiencia enerxética e as enerxías renovables, ámbito no que as dúas institucións provinciais teñen posto o foco co fin de facilitar aos concellos de ambas provincias ferramentas e servizos que redunden nun aforro significativo dos consumos eléctricos das corporacións municipais e na redución de emisións de CO2 á atmosfera.

Ademais, no transcurso da reunión manifestouse o interese das dúas institucións provinciais de ampliar colaboración na captación de recursos económicos da Unión Europea a outros ámbitos comúns e manter futuras reunións de traballo para materializar novos proxectos.

 

0.17483615875244