Ourense festexará o Magosto o 11 de novembro cun programa repleto de actividades
O Concello de Ourense presenta a programación de actividades organizadas pola Concellería de Artes e Festexos para celebrar o luns, día 11 de novembro, a festa do Magosto 2024. Ruada de gaiteiros, obradoiros infantís, magosto tradicional (en Bispo Cesáreo), agasallo de castañas, food-trucks, concerto de Brañas Folk e o baile coa orquestra Olympus son as propostas de lecer que se sucederán ao longo da xornada na cidade nesta tradicional cita do calendario festivo.
O magosto tradicional será ás 18.00 horas en Bispo Cesáreo, repartiranse castañas gratuítas e haberá food trucks.
As celebracións arrancarán ás 12.00 horas cunha ruada de gaiteiros con xigantes e cabezudos. Os obradoiros infantís comezarán ás 17.15 na Praza Maior. Para rematar as celebracións haberá un concerto de 'Brañas Folk' con Lucía Pérez e Pancho Álvarez ás 18.00 horas na Praza Maior e, ás 19.00 horas, a orquestra 'Olympus' actuará na rúa do Progreso.