Ourense inaugura a II Xornada de actualización en Neurofisioloxía Clínica
OurenseXa
Neurofisiólogos de toda a Comunidade galega, así como a facultativos doutras áreas, danse cita hoxe no CHUO
Persoal do servizo de neurofisioloxía do CHUO
20 Abr 2024
O Xerente da Área Sanitaria, Félix Rubial, e a Xefa de Sección de Neurofisioloxía do CHUO, Silvia Paradelo, inauguran hoxe a II Xornada de actualización en Neurofisioloxía Clínica, que reúne en Ourense a neurofisiólogos de toda a Comunidade galega, así como a facultativos doutras áreas como poden ser neuroloxía, cirurxía xeral, neurocirurxía, traumatoloxía, medicina intensiva e reanimación.
O programa científico da xornada tratará temas de máximo interese e plena actualidade, e profundarán na esencia multidisciplinar da especialidade dirixindo o enfoque ás situacións críticas, urxentes e de gran risco neurolóxico.
A Neurofisioloxía é a especialidade responsable do estudo funcional do sistema nervioso central e periférico -mediante o rexistro e interpretación da súa actividade fisiolóxica- clave para o diagnóstico de numerosas patoloxías e, cada vez máis, indispensable no quirófano e nos equipos multidisciplinares para o tratamento de numerosas patoloxías.