Ourense prepárase para unha nova edición da Feira da Chinita
O Campo da Feira acollerá o domingo, día 10 de novembro, desde as 12.00 horas unha nova edición da Feira da Chinita, unha tradicional celebración da comunidade venezolana, na que colabora o Concello de Ourense.
A festa está dedicada á Virxe de Chiquinquirá, propia da rexión de Maracaibo (Venezuela), e conmemora unha milagre atribuída á dita virxe naquel lugar no século XVIII. Cos anos, esta celebración estendeuse até converterse nunha festividade nacional venezolana e tamén internacional.
Nesta versión ourensá, o público que se achegue ao campo da feira atopará todos os ingredientes característicos da festa: gaitas do Zulia, un xénero musical autóctono tocado co furruco, o catro, as maracas e a tambora; comida típica venezolana, a elección da Raíña da Feira, e moita diversión cos grupos que tocarán en directo, como Os Coleguitas, Yamil Quijada, Misael Sánchez, Maira Show, ademais dun DJ que amenizará o evento.