Ourense rende homenaxe a Valentín Lamas Carvajal

OurenseXa
O Ateneo de Ourense organiza este martes unha conferencia do historiador ourensán e membro correspondente da Academia Galega, Afonso Vázquez Moxardín, para reivindicar a figura de V. Lamas Carvajal
Diseño sin título
Estatua de Valentín Lamas Carvajal en Ourense
11 Xuño 2024

O Ateneo de Ourense organiza este martes unha conferencia do historiador ourensán e membro correspondente da Academia Galega, Afonso Vázquez Moxardín, co título de "Reivindicación de Valentín Lamas Carvajal".

No acto, que estará presentado pola doutora en Historia da Arte e tataraneta do poeta, Ana Malingre, Monxardín defenderá a necesidade de recuperar a memoria de V. Lamas Carvajal. A cita, que terna lugar ás 19.30 horas na sede provisional do Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel, contará tamén coa actuación da A Coral de Ruada, que interpretará os temas  "A cinta de namorare" e a "Pandeirada de Falbán"

Lamas Carvajal foi un dos autores más destacados da literatura galega e un dos precursores do Rexurdimento. Xunto a Manuel Murguía, foi un dos fundadores da Real Academia Galega e precursor do xornalismo galego.

0.19866394996643