Ourense será a primeira provincia galega en contar cunha Estratexia de Infraestrutura Verde

OurenseXa
Ademais, a Deputación realizará un proxecto piloto no encoro de As Cunchas, orientado á restauración ambiental desta contorna
Xosé Miguel Pérez Blecua
23 Out 2024

O deputado de Dinamización do Medio Rural, Xosé Miguel Pérez Blecua, asistiu hoxe en Paredes de Coura (Portugal) ao acto de apertura do Congresso Transfronteiriço - Infraestruturas Verdes: A importância da natureza em áreas Humanizadas.

Así, Pérez Blecua explicou o proxecto GREEN GAP, proxecto POCTEP aliñado ás políticas ambientais da Deputación de Ourense. "No marco deste proxecto farase unha Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación para os efectos do cambio climático, sendo Ourense a primeira provincia de Galicia en dispoñer deste instrumento de planificación estratéxica", recalcou.

Aliñado con esta, realizarase un proxecto piloto no encoro de As Cunchas, orientado á restauración ambiental desta contorna, incrementando a súa adaptación para os efectos do cambio climático e a súa calidade ecolóxica, ademais de incrementar o uso social deste espazo, concluiu o deputado Xosé Miguel Pérez Blecua.

0.09560489654541