Pallasos en Rebeldía leva a Allariz o seu espectáculo 'Vía Morta'

OurenseXa
A función terá lugar o sábado, 9 de novembro, no patio do Museo do Coiro
via-morta-vilalba-portada
Cartaz 'Vía Morta'
7 Nov 2024

O próximo 9 de novembro, ás 20:00 horas, o patio do Museo do Coiro converterase nun escenario inesquecible coa posta en escena de "Vía Morta", unha creación de Pallasos en Rebeldía.

Nesta obra, a compañía explora con humor, emoción e crítica social unha visión reflexiva dos conflitos que marcan a nosa realidade.

"Vía Morta" leva ao espectador a rir e a cuestionarse, cun estilo directo e comprometido que é sinal de identidade dos Pallasos en Rebeldía. Este espectáculo non é só teatro: é un berro pola solidariedade e a xustiza social, onde o humor se converte en ferramenta de cambio e loita.

A obra está recomendada para maiores de 14 anos e a retirada de entradas gratuítas estará disponible ata o venres 8 de novembro no Fogar dos Maiores e na Casa da Mocidade.

0.16998815536499