Pardeconde conta cun novo parque infantil grazas á doazón dunha veciña do municipio

O municipio ourensán inaugurou o parque infantil "Generosa González Andrés" grazas a doazón dunha propiedade privada
Inauguaración do parque infantil Generosa Gonzlález Andrés.
Inauguaración do parque infantil "Generosa González Andrés"
5 Ago 2024

O pasado venres, 3 de agosto, o muncipio de Pardeconde, situado no concello de Xunqueira de Espadanedo, inaugurou un novo parque infantil grazas á doazón da veciña Dona Generosa González Andrés, motivo polo cal o parque levará o seu nome.

Desde o goberno municipal agradecen a xenerosidade desta vecina xa que, grazas a ela, os pequenos e pequenas do concello poderán gozar dunha nova zona de xogos. "Non temos palabras para agradecer este acto altruísta, a doazón desinteresada dunha propiedade privada para o ben común, para o desfrute dos cativos e cativas de Pardeconde", sinalan desde o Concello de Xunqueira de Espadanedo.

0.17845177650452