Pedro Sánchez lidera o mitin do PSdeG-PSOE celebrado este sábado en Ourense

OurenseXa
Unhas 1.200 persoas reuníronse este sábado en Ourense no mitin de PSdeG-PSOE celebrado en Expourense, que contou coa presenta do Presidente do Goberno, Pedro Sánchez.
Mitin_PSOE_Ourense_Pedro_Sancehz_Besteiro
3 Feb 2024

O Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, liderou o mitin do PSdeG-PSOE celebrado en Ourense esta mañá, onde tamén estivo presente o candidato do partido para as Eleccións ao Parlamento de Galicia do vindeiro 18 de febreiro, José Ramón Gómez Besteiro.

Sánchez chamou a movilización ciudadana defendendo que "papeletas para o cambio en Galicia hai moitas, pero para gobernar ese cambio pero para gobernar ese cambio só hai unha: a do Partido Socialista.

"Galicia é unha terra con un inmenso potencial", sinalou Sánchez, que acusou ao Partido Popular de haber desaproveitado todas as súas oportunidades durante os quince anos ao fronte do goberno galego. Por iso, segundo o Presidente do Goberno, "o verdadeiro cambio para Galicia é situar a súa realidade á altura das súas posibilidades, e eso solo pode facelo o PSOE con Besteiro á cabeza da Xunta"

Sánchez destacou o seu compromiso con Galicia ao longo dos seus cinco anos á fronte do executivo nacional, durante os cales "aumentamos en máis de 43 mil millones de euros os fondos para Galicia, aprobamos proxectos estratéxicos no sector da industria alimentaria, introducimos xustiza na repartición da cadea alimentaria aos agricultores e gandeiros e loitamos en Bruxelas para que houbese un bo acordo pesqueiro en Galicia. Iso é o que demostra o comprosimso do goberno de España con Galicia".

O líder socialista resaltou especialminte o compromiso do Goberno Central con Ourense, lembrando que foi o seu goberno o que trouxo o AVE a esta provincia, situándoa no centro do país.

"Temos que reivindicar a política útil fronte ao berro estéril da oposición", remataba Sánchez na súa intervención, onde reafirmou o seu compromiso "para situar a Galicia no lugar que lle corresponde".

"Desta vai"

Baixo o lema "desta vai", o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro defendeu a súa candidatura defendendo que "é hora de asumir responsabilidades e impulsar o emprego e a sanidade pública de calidade, así como políticas sociais  que poñan no centro ás mulleres e aos mozos e mozas".

O candidato socialista defendeu que "son as mulleres as que van a impulsar o cambio en Galicia" e que é o goberno socialista o que consegue "sacar adiante políticas sociais mentres que a dereita oponse, aínda que logo benefíciense delas".

Besteiro reivindicou "máis emprego para Ourense da man da reindustrializacion e da diversidade, rescatando os servizos públicos, recuperando a sanidade e a atención primaria". "En Galicia para a sanidade pública hai lista de espera para a lista de espera", sinalou. Por iso, puxo en valor que unha das principais medidas do seu programa electoral é, precisamente, recuperar a atención primaria e especialidades como pediatría nos centros de saúde de toda Galicia.

"Necesitamos estar enchufados a españa e a Europa. Somos a esquerda que xestiona, que goberna e que trae solucións", asegurou Besteiro, que rematou a súa intervención facendo un chamamento ao voto da cidadanía.

 

 

 

 

 

0.1975371837616