Perdomo e Touriñán aterrizan este venres no Auditorio Municipal de Ourense

OurenseXa
Perdomo e Touriñán subiranse este venres ao escenario do Auditorio Municipal de Ourense co seu espectáculo "Corentena"
corentena-touriñan-Burela-2024
Cartel de 'Corentena'
7 Xuño 2024

Perdomo e Touriñán traen este venres ao Auditorio Municipal de Ourense o seu espectáculo "Corentena". A cita, para a que ainda quedan unhas poucas entradas, terá lugar ás 20.30 horas.

Sinopse

Durante os meses de confinamento de 2020, David Perdomo e Xosé A. Touriñán empezaron a charlar en directo a través de Instagram. Nesas noites, improvisaron diferentes personaxes e interactuaron cos espectadores que sintonizaron estes vídeos en vivo.

Agora, e baixo o título de "Corentena", dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasarllo tan ben ou mellor que o público, trasladando ás salas a frescura daquelas noites de comedia .

En 'Corentena', os dous humoristas rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles espectáculos, recreando de forma artesanal os efectos e filtros cos que se caracterizaban, e nacen tamén novas historias nun espectáculo no que prima a improvisación e a complicidade co público. son os protagonistas.

0.096837997436523