Pereiro de Aguiar acollerá a segunda edición do festival musical Xoldra de Aguiar o 14 de setembro

OurenseXa
Luis Menor, lembra que este ano o evento busca potenciar “a inquedanza por recuperar desde o rural o espírito das tradicionais festas populares, mesturadas con aires máis actuais"
Presentación da segunda edición do festival Xoldra de Aguiar
6 sep 2024

A Deputación de Ourense vén de prestar a súa colaboración para a segunda edición do festival musical Xoldra de Aguiar, que se celebrará en Pereiro de Aguiar o vindeiro 14 de setembro, no campo da feira dos Gozos. Un evento que ademais de gastronomía e actividades de animación para rapaces tamén inclúe un compoñente solidario a favor do banco de alimentos do Pereiro.

O presidente da Deputación, Luis Menor, lembra que tralo éxito da primeira edición deste festival, este ano o evento busca potenciar “a inquedanza por recuperar desde o rural o espírito das tradicionais festas populares, mesturadas con aires máis actuais, ao tempo que se amplía a oferta cultural e festiva da nosa provincia”.

Co patrocinio de Turismo de Galicia e máis a colaboración do Concello de Pereiro de Aguiar, xunto coa Deputación, Xoldra de Aguiar iniciará a súa programación a partir das 18.30 horas e para quenes desexen cear no recinto, haberá un posto de pulpo á feira Este ano, o cartel do Xoldra de Aguiar compóñeno os artistas Cé Orquesta Pantasma, Los Camachuelos, O Sonoro Maxín e Luar na Lubre.
A entrada ao recinto ten un prezo de 18 euros, dos que cinco irán destinados ao banco de alimentos de Pereiro de Aguiar. Os nenos e nenas menores de 10 anos terán entrada gratuita.

0.15937685966492