Pereiro de Aguiar impulsa a promoción dos equipos de fútbol muncipais

O Concello do Pereiro de Aguiar deu un paso histórico no apoio ao deporte local ao converterse no patrocinador oficial dos clubs de fútbol do municipio. Grazas a este acordo, o Concello será o patrocinador principal de equipos como o Atlético Vilariño, a S.D. Melias, o C.F. Loñoá e o C.D. Pereiro de Aguiar, reforzando así o compromiso coa promoción e o desenvolvemento do fútbol na zona.
Este apoio non só beneficiará aos equipos sénior, senón que tamén se ampliará proximamente para incluír as categorías de veteranos, o fútbol sala feminino e outras disciplinas deportivas do concello, como o tenis e o baloncesto. O Concello traballa para que máis de 200 nenos e nenas que forman parte da base deportiva do municipio poidan seguir medrando nun ambiente de colaboración e entusiasmo.
Este patrocinio, salientan dende o Concello, supón un avance significativo para o deporte local, fomentando non só a participación e a competición, senón tamén o sentimento de comunidade e a identidade deportiva do Pereiro de Aguiar.