Pereiro de Aguiar pon en marcha un concurso fotográfico polo Día da Bici
OurenseXa
O prazo para presentar os traballos estará aberto entre o 8 e o 15 de setembro
7 Ago 2024
O Concello de Pereiro de Aguiar organiza un concurso fotográfico con motivo do Día da Bici, que terá lugar o vindeiro 8 de setembro no municipio ourensán.
Poderán participar todas aquelas persoas anotadas no Día da Bici que teñan máis de 18 anos e o prazo para presentar os traballos estará aberto entre o 8 e o 15 de setembro, a través da dirección de correo electrónico pereirodeportexuventude0@gmail.com. xurado estará formado por membros da corporación municipal e técnicos do concello, e darán a súa resolución o 19 de setembro. O premio consistirá nunha noite nas Cabanas de Cachamuíña en temporada baixa.