Peter Punk Pallaso chegará este mércores a Baños de Molgas

OurenseXa
Peter Punk é un dos pallasos máis programados e destacados en Galicia, con máis de 1.000 funcións ás súas costas
Peter Punk Pallaso
30 Xul 2024

Baños de Molgas acollerá este mércores, 31 de xullo, a actuación de Peter Punk Pallaso co seu espectáculo 'Chungo que te cagas'. A cita terá lugar ás 20.00 horas no Parque Ansuiña.

Peter Punk é un dos pallasos máis programados e destacados en Galicia. Conta con máis de 1.000 funcións ás súas costas en diversos países, programacións e espazos. Os seus espectáculos gozan dunha grande acollida por parte do público cativo e adulto.

A compañía Peter Punk Pallaso nace arredor de 2003 có espectáculo unipersoal 'Chungo que te cagas', que perfilará o seu humor fresco, irreverente e orixinal.

 

0.1921329498291