Preto dun cento de escolares dos CEIP O Ruxidoiro e Filomena Dato reivindicaron o benestar da infancia
OurenseXa
Os escolares leeron os manifestos, elaborados por eles mesmos, no salón de Plenos do Concello de Barbadás, onde reclamaron os seus dereitos á saúde, educación, vida familiar e protección fronte á violencia e á discriminación
Escolares dos CEIP O Ruxidoiro e Filomena Dato de Barbadás reivindican o Día do Neno
16 Apr 2024
Preto dun cento de escolares dos CEIP O Ruxidoiro e Filomena Dato de Barbadás reivindicaron o benestar da infancia en Barbadás, coa lectura de manifestos elaborados por eles mesmos e nos que reclamaron os seus dereitos á saúde, educación, vida familiar e protección fronte á violencia e á discriminación.
Deste xeito conmemorouse en Barbadás, este luns 15 de abril, a adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno (1989). Durante a xornada, celebrada no salón de Plenos do Concello de Barbadás os escolares tamén tiveron ocasión de coñecer o funcionamento da administración local. Visitaron as dependencias municipais, entre elas o despacho do alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e a sala na que se reúne a xunta de goberno.