Programación do Entroido de Ourense para este luns, 3 de marzo

OurenseXa
A París de Noia será a encargada de poñer o broche de ouro ao Luns de Entroido, que contará con máis dunha decena de actuacións musicais
entroido-ourense
3 Mar 2025

Ourense prepárase para un Luns de Entroido cheo de música e actividades para todos os públicos que rematará coa actuación da orquestra París de Noia na Alameda.
A música comezará a soar xa a medio día, a cago das charangas CLK, Caña Aquí e Sorcha Show Band, e as actividades continuarán cunha festa infantil e o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona na Praza Maior.

Os cabezudos e xigantes sairán ás 18.00 horas, e o grupo Coleguitas será a primeira das actuación musicais da xornada deste luns, que culminará coa actuación da París de Noia na rúa do Progreso.

Programa

  • 12:00 horas: Animación de rúa con CLK, Caña Aquí e Sorcha Show Band nas rúas da cidade.
  • 17:30 horas: Festa Infantil con maquillaxe e concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona na Praza Maior.
  • 18:00 horas: Animación cos cabezudos e xigantes coa charanga Brexit nas rúas da cidade.
  • 19:00 horas: Actuación de Coleguitas na Praza de Santa Eufemia.
  • 20:00 horas: Sorcha Show Band, Os Caliqueños e Támega nas rúas da cidade.
  • 21:00 horas: Trío Somoza na Praza Maior.
  • 21:30 horas: Latexo, Dr. Anchoa e Noroeste nas rúas da cidade.
  • 23:00 horas: Aperta, El Brexit e Mekanika nas rúas da cidade.
  • 23:30 horas: Sesión DJ na Praza de Santa Eufemia.
  • 23:59 horas: DJ Gramola na Praza Maior.
  • 23:59 horas: Baile coa orquestra París de Noia na Rúa do Progreso.
  • 00:30 horas: Trópico de Grelos, Nova Terra de Trives e Lou Band nas rúas da cidade.
  • 00:30 horas: Sesión DJ na Praza do Correxidor.
⚙ Configurar cookies
0.065490007400513