Publicadas as bases das subvencións para actuacións de rehabilitación nas ERRP de Ourense

OurenseXa
As axudas están destinadas ás contornas do conxunto histórico de Ourense, o núcleo de interese etnográfico de Seixalbo, O Polvorín, As Camelias e A Carballeira e a Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada
Ourense-casco-hitorico-recurso
12 Dec 2024

O Concello de Ourense publica as bases reguladoras das subvencións do programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio que se desenvolvan nas catro Contornas Residenciais de Rehabilitación Programada (ERRP) declaradas no Concello de Ourense, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, programa Axuda de barrios do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, financiado pola Unión Europea – Next Generation EU.

A convocatoria abrirase ao día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

As axudas darán apoio a actuacións que se desenvolvan nos ámbitos territoriais das catro Contornas Residenciais de Rehabilitación Programada (ERRP) declarados no Concello de Ourense: o conxunto histórico de Ourense, o núcleo de interese etnográfico de Seixalbo, O Polvorín, As Camelias e A Carballeira e a Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado, A Inmaculada

⚙ Configurar cookies
0.041189908981323