Queimas ilegais no paseo fluvial da Fervenza do Cachón, en Amoeiro
OurenseXa
Desde o Concello de Amoeiro denuncian que as lapas alcanzaron as copas dalgunhas árbores e afectaron á contorna
Queimas ilegais no paseo fluvial da Fervenza do Cachón, en Amoeiro
22 Maio 2024
O Concello de Amoeiro denuncia que o paseo fluvial da Fervenza do Cachón, un dos puntos máis senlleiros do municipio, foi obxecto de queimas ilegais e utilizado como vertedoiro de refugallos.
Unhas actitudes que o organismo municipal calica de "incívicas" e que xa foron denunciadas ante o Servizo de Protección da Naturaleza (SEPRONA) da Garda Civil.
As lapas alcanzaron a copa dalgunhas árbores e afectaron á contorna, co inherente perigo que eso supón. Desde o Concello piden responsabilidade e lembran a importância de coidar tanto ao entorno como á veciñanza.