Ramirás acolle este mércores a presentación do libro ‘O monstro dos Amedos’

OurenseXa
'O Monstro dos Amedos' é un conto escrito e ilustrado polos rapaces e rapazas que formaron parte do Campamento de Verán de 2023 neste concello ourensán
Libros
4 sep 2024

Ramirás acolle este mércores, 4 de setembro, a presentación do libro ‘O monstro dos Amedos’, un conto escrito e ilustrado polos rapaces e rapazas que formaron parte do Campamento de Verán de 2023 neste concello ourensán.

A presentación terá lugar ás 18.00 horas no Parque dos Amedos, lugar no que se desenvolve a historia.

O libro está dirixido por Xesta Brava, unha cooperativa sen ánimo de lucro cuxo obxectivo principal é crear conciencia sobre o coidado do entorno que nos rodea, e impreso polo Concello de Ramirás.

0.19275212287903