Roberto Vilar chega a Ourense este sábado co seu espectáculo ‘Continueixon’

OurenseXa
O cómico actuará no Auditorio Municipal de Ourense cunha función que promete ser unha “experiencia única”
celebreixon-roberto-vilar
10 Apr 2025

Roberto Vilar regresa aos escenarios galegos co seu novo espectáculo ‘Continueixon’, a continuación do seu exitoso show ‘Celebreixon’. O cómico subirá este sábado, 12 de abril, ao escenario do Auditorio Municipal de Ourense cunha función que comezará ás 20.00 horas e para a que quedan moi poucas entradas dispoñibles.

Neste show, Roberto Vilar convida ao público a gozar dunha “experiencia única”, onde a música, as sorpresas e, por suposto, o seu inconfundible humor son os ingredientes principais. Este espectáculo promete provocar gargalladas durante os 90 minutos que dura, mesturando historias cómicas e momentos inesperados que farán que non queiras que remate.

⚙ Configurar cookies
0.16588091850281