San Cibrao das Viñas organiza unha xornada polo Día da Muller o 5 de marzo

O Vindeiro mércores, 5 de marzo, o Concello de San Cibrao das Viñas organizará unha xornada para conmemorar o Día da Muller, que se celebra oficialmente o sábado, 8 de marzo.
O Concello pon en marcha unha xornada dedicada ás crianzas que terá lugar no Pavillón Municipal entre as 11.00 e as 13.00 horas, na que poderán participar as nenas e nenos de entre 6 e 14 anos empadroados no concellos, ou os fillos e fillas de pais empadroados.
Entre as actividades ofertadas haberá obradoiros de maquillaxe e chapas, inchables e a entrega de premios do II Concurso “Unha Muller, un Traballo Igualitario”, que terá lugar ao remate.
O prazo para inscribirse está aberto a través do teléfono 988 381 034 ou por correo electrónico, na dirección cultura@sancibrao.es. O punto de recollida será ás 9.00 horas no edificio da antiga biblioteca e a aula anexa á Aula Concilia.