San Mamede celebra a súa Festa da Serra o último domingo do mes

OurenseXa
A festividade inclúe unha andaina, un paseo en bicicleta e unha comida
festa da serra en san mamede maceda
Cartel da festa
22 Xul 2024

A localidade de San Mamede, en Maceda, acollerá a Festa da Serra, o domingo 28 de xullo, onde se inclúe unha andaina, un paseo en bicicleta e unha comida. A data límite para anotarse é o 26 de xullo.

A saída da andaina está prevista para as 9.00 horas desde Rebordechao e a subida en bici será á mesma hora desde Arnuide para, posteriormente, dar paso a unha misa na Capela.

O xantar, que terá de acompañamento á charanga A Felga, terá lugar ás 14.00 e o menú constará de empanada de carne e bonito, lacón braseado, churrasco mixto, criollo, pementos, bica, viño, refrescos, licores e café.

O prezo é de 20 euros por persoa, de 10 para os nenos de entre sete e doce anos e de balde para os menores de sete. Ademais, a reserva debe facerse nos teléfonos dos concellos de Montederramo (988 292 000), Maceda (988 463 001) e Vilar de Barrio (988 449 001).

0.16172289848328