Santa Eufemia de Ambía: unha capela prerrománica declarada Ben de Interese Cultural

OurenseXa
Santa Eufemia de Ambía constitúe un lugar único para coñecer o patrimonio arquitectónico e relixioso dos inicios da idade media europea
Santa Eufemia de Ambía
Santa Eufemia de Ambía
14 Xul 2024

Situada na Parroquia de Santo Estevo de Ambía, no Concello de Baños de Molgas, atópase a capela prerrománica de Santa Eufemia de Ambía que foi declarada Ben de Interese Cultural no ano 1931.

A orixe deste monumento histórico remóntase ao século IX, e a súa construcción está relacionada coas capelas de Santa Comba de Bande e San Miguel de Celanova.

Da construción orixinal consérvase todavía a cabeceira, dous arco, o muro norte e a parte inferior do muro sur, mentres que a fachada principal tivo que ser reconstruída ao longo dos séculos.

A planta da capela está formada por unha única nave con ábsida rectangular que albergaba tres capelas. No seu interior atópase unha ara de orixe romano que no seu tempo estaría ubicada no exterior da capela, na chamada "Fonde das Ninfas".

Santa Eufemia de Ambía constitúe un lugar único para coñecer o patrimonio arquitectónico e relixioso dos inicios da idade media europea.

0.15908002853394