Pereira de Montes celebra as súas patronais esta fin de semana
A localidade de Pereira de Montes, na Merca, celebra as súas festas na honra á Virxe do Carme.
Logo dunha previa o martes 16, o programa dará comezo o día 19 cunha cea popular a partir das 21.30 horas. O menú, que terá un prezo de 20 euros e gratis para os menores de 10 anos, estará composto por empanada, panceta, churrasco, criollo, bica, viño, auga, refrescos e chupitos.
Todo aquel que queira asistir debe inscribirse antes do 17 de xullo, chamando aos teléfonos de Julio (676 610 754) e José R. (674 364 755).
A cea estará amenizada pola disco móbil A Patakiña, que terá dobre sesión e actuará na verbena da noite xunto ao trío Xtra.
O sábado a festividade comezará pola tarde, ás 17.00 horas, cun campionato de tute, seguido dun campionato de chave, ás 19.00 horas e, xa pola noite, haberá unha actuación de Royal Espectáculo.
O domingo, haberá dous partidos de fútbol, un ás 18.00, de solteiras contra casadas e outro, ás 19.00 horas, de solteiros contra casados.
O trío Élite será o encargado de fechar a fin de semana.